La Taberna del Puerto

La Taberna del Puerto (https://foro.latabernadelpuerto.com/index.php)
-   Foro Náutico Deportivo (https://foro.latabernadelpuerto.com/forumdisplay.php?f=2)
-   -   Consulta windguru (https://foro.latabernadelpuerto.com/showthread.php?t=2392)

Brigadier Valdes 03-01-2007 13:50

Consulta windguru
 
Me podeis decir que significan las siglas GFS, WRF y MM5 que encabezan los cuadros de previsiones en Windguru?
Gracias piratillas.

pico 03-01-2007 14:38

Re: Consulta windguru
 
GFS: Global Forecast System
WRF: Wheather Research and Forecasting
MM5: ?? Es otro modelo

Son distintos modelos de predicciones, es decir, distintas formas de elaborar una prediccion (o eso creo :nosabo: )

Mira la ayuda
http://www.windguru.cz/int/help_index.php?sec=models

:brindis:

Borneira 03-01-2007 16:24

Re: Consulta windguru
 
Pego aquí la explicación que incluye la web de Meteogalicia sobre los modelos de predicción meteorológica, por si te aclara algo (creo que el gallego no será la dificultad):

Modelos Meteorolóxicos

Un modelo numérico de predición meteorolóxica permite, partindo dun estado inicial cunhas características atmosféricas dadas, simular a evolución atmosférica mediante a traducción, a través de métodos numéricos, das leis da mecánica de fluidos e da termodinámica.


GFS

O GFS (Global Forecast System), antes AVN (AViation Model), nado para permiti-la predición meteorolóxica orientada á aviación, é un dos máis antigos modelos empregados para a predición meteorolóxica estando en constante evolución; o seu predecesor desenvolveuse durante os derradeiros anos da década dos 70 (Sela 1980) e foi implementado coma o modelo de predición global do Centro Nacional de Meteoroloxía (NMC, actualmente, NCEP ou National Centers for Environmental Prediction) o 18 de Marzo de 1981. A resolución do modelo é de 1 grao, sendo un dos modelos operacionais de predición actualmente activos no NCEP. O GFS execútase catro veces por día: ás 00, 06, 12 e 18 UTC, para realiza-la predicións a 16 días coa incerteza que isto conleva.


ARPS

O modelo numérico desenvolto polo Centro de Análisis e Predicción de Tormentas (CAPS), con sede na Universidade de Oklahoma (EEUU) a principios da década dos noventa é o ARPS (Advanced Regional Prediction System).

Trátase dun modelo numérico de predición meteorolóxica non hidrostático, que define unha atmófera compresible; emprega un sistema de coordenadas que seguen o terreo na vertical; está caracterizado por un equiespaciado das coordenadas horizontais, con posibilidade de estreitamento na vertical. O modelo resolve 11 ecuacións de pronóstico para as compoñentes da velocidade nos eixos coordeados, a perturbación da presión, a perturbación da temperatura potencial así coma cada un dos estados posibles de auga na atmófera. As ecuacións discretízanse sobre unha malla Arakawa C mediante a técnica das diferencias finitas.

Actualmente, o ARPS está sendo executado dúas veces o día (00Z e 12Z) por MeteoGalicia, no superordeador Compaq HPC320 do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), para realizar predicións numéricas a 72 e 84 horas (execucións das 00Z e 12Z respectivamente) aplicadas a Galicia. Para elo, tívose que configurar unha topografía e un uso de solos propios para a zona, así coma realizar algúns cambios nalgunha das parametrizacións do ARPS, para axustalas á complexa orografía de Galicia. Desta forma é posible obter numéricamente unha satisfactoria predición meteorolóxica a 3 días vista para Galicia.

O ARPS execútase en dúas mallas aniñadas entre sí, unha con 50 km de resolución cubrindo o SW Europeo e a outra con 10 km de resolución centrada en Galicia. A malla maior recibe as condicións de contorno do modelo GFS, inicializado 12 horas antes.

http://www.caps.ou.edu/ARPS/


MM5

O modelo numérico MM5 (mesoescale model), é a quinta xeración do modelo meteorolóxico que foi desenvolto no principio dos anos setenta, na Universidade Estatal de Pensilvania (PSU, EEUU) e no Centro nacional de investigación atmosférica (NCAR,EEUU).

Este é un modelo numérico de predición meteorolóxica non hidrostático, presenta a posibilidade de realizar múltiples aniñamentos "nesting", un amplo abanico de parametrizacións físicas, sendo portable a un ancho rango de plataformas computacionais. Emprega un sistema de coordeadas que seguen o terreo. As ecuacións discretízanse sobre unha malla Arakawa B. O modelo resolve ecuacións de pronóstico para as compoñentes da velocidade nos eixos coordeados, a presión, a temperatura así coma para o vapor de auga e variables microfísicas tales como auga de nube e precipitación.

Actualmente, o MM5 está sendo executado diariamente polo Grupo de Fisica non Lineal da Universidade de Santiago de Compostela, no ordeador escalar HPC320 dúas veces ó día do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), para realizar prediccións numéricas a 72 e 84 horas (00Z e 12 Z respecivamente) aplicadas a Galicia. Para elo, tívose que configurar unha topografía e un uso de solos propios para a zona, así coma realizar algúns cambios nalgunha das parametrizacións do MM5, para axustalas á complexa orografía de Galicia.

O MM5 estase a executar en dúas mallas dobremente aniñadas entre si, unha con 30 km de resolución cubrindo o SW de Europa e a outra de 10 km de resolución centrada en Galicia. A malla maior recibe as condicións de contorno do modelo GFS, inicializado 12 horas antes.

http://www.mmm.ucar.edu/mm5/mm5-home.html


Saludos:brindis:


Todas las horas son GMT +1. La hora es 13:15.

Powered by vBulletin® Version 3.7.0
Copyright ©2000 - 2025, Jelsoft Enterprises Ltd.
© La Taberna del Puerto