
06-10-2016, 00:16
|
 |
Hermano de la costa
|
|
Registrado: 26-03-2010
Mensajes: 9,676
Agradecimientos que ha otorgado: 6,591
Recibió 11,230 Agradecimientos en 4,355 Mensajes
Sexo: 
|
|
Re: Desaparecerá el dinero físico.
Al hilo de lo que puede hacer un banco con su fabulosa capacidad de prestar dinero que sale de ningún sitio, es candente actualidad el juicio por las tarjetas black y está en el candelero la información de las actuaciones de algunos dirigentes de bancos, como Rodrigo Rato (que llegó al honorable puesto de director del FMI), Blesa y otros directivos que duermen cada día en sus lujosas casas, sin peligro inminente de ser obligados a depurar sus responsabilidades, por lo que opino que sus comportamientos no deben ser tan extraños en su poderoso mundo:
http://praza.gal/opinion/3606/rodrig...s-indecencias/
Concedeu un crédito de 350 millóns de euros ao Valencia Club de Fútbol cando presidía Bankia e aproveitou o cargo para introducir na construción do novo estadio a Edifica Grupo, unha empresa da súa trama. Tamén concedeu un crédito de 2,2 millóns de dólares a Lazard, ocultando os seus intereses neste banco de inversións.
Está investigado tamén polo suposto cobro por Kradonara –a través da sociedade Vivaway, radicada no Reino Unido– dunha comisión de 835.025 euros entre 2011 e 2012, que pagaba Albisa Inversiones y Asesoramiento, propiedade de Alberto Portuondo, por contratos publicitarios de Bankia con Publicis Comunicaciones e Zenith Media por importe de 46 millóns de euros. Habería outra “mordida” de 189.704 euros que a UCO relaciona con irregularidade noutras adxudicacións na área de marketing do banco.
Segundo a Axencia Tributaria, Rato participa en 27 empresas, relacionadas con membros da súa familia, e segundo o rexistro mercantil controla un patrimonio de 24 millóns de euros. Despois de acollerse á amnistía fiscal do goberno de Rajoy, as empresas de Rato realizaron numerosas operacións en moeda estranxeira por máis de 16 millóns de euros, que poderían corresponder a actividades económicas no estranxeiro.
César Alierta (designado por Rato, cando era ministro, para presidir Tabacalera), presidente de Telefónica (empresa pública privatizada por Rato), fichaba a Rato como conselleiro asesor das súas filiais en Europa e Latinoamérica co modesto salario anual de 200.000 euros. Como non tiña suficiente con este regaliño de Telefónica e coa paga extra do FMI, Emilio Botín fichaba a Rato en setembro de 2013 como membro do consello asesor internacional do Banco Santander con outros 200.000 euros anuais
Bankia é unha das maiores indecencias dos últimos anos. O goberno do PP salvaba Bankia da bancarrota en maio de 2012 cunha axuda de 19.000 millóns de euros, cando xa recibira outros 4.485 millóns de euros do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB).
Blesa era imputado pola concesión de créditos irregulares ao Grupo Marsans e a compravenda do City National Bank de Florida. Por esta última causa, o xuíz Elpidio José Silva decretaba o seu ingreso en prisión o 5 de xuño de 2013, acusado de presuntos delitos societarios, administración desleal, falsidade en documento e apropiación indebida. Quince días despois saía de prisión por orde da Audiencia Provincial. Este xuíz foi suspendido durante 4 meses e 7 días polo Consello Xeral do Poder Xudicial.
Interesante negocio
 
__________________
"Se o remo rompe polo guión, paga patrón, se rompe pola pala, patrón paga"
|