Re: Poesía del mar
Poesía que escribí tras la muerte de mi padre, recordando una de las últimas salidas hasta Cíes que habíamos hecho juntos en mi viejo MARIE.
DERRADEIRAS MILLAS
Lembro, ó través das Cíes,
o sol baixo no horizonte,
rebolándose os mares
en remuíños na estela.
A mar coma estase ardente
de mil espellos e o vento
a encher desleixado as velas
descoradas polo tempo.
(Silente levaba o pai
ó leme da nave queda
coa gorra de capitán
a lle cubrir a cabeza).
¡Derradeiras millas, meu pai,
derradeiras
bordadas, meu Capitán,
meu navegante,
meu vello amador de rumbos
e cogomelos...!
(Faltábanlle dúas falanxes
dos dedos da man esquerda).
¡Teño saudade de ti, Capitán,
primeiro mestre mareiro
daquelas navegacións
cando aínda éramos nenos!
¡Fúcheste cedo, co peito
carcomido de veleno
e agora xa estou a verte
a navegar polo Ceo!
Editado por guillermogefaell en 21-03-2018 a las 20:26.
|