Ver mensaje
  #394  
Antiguo 23-03-2018, 19:47
Avatar de caribdis
caribdis caribdis esta desconectado
Hermano de la costa
 
Registrado: 26-03-2010
Mensajes: 9,720
Agradecimientos que ha otorgado: 6,638
Recibió 11,301 Agradecimientos en 4,383 Mensajes
Sexo:
Predeterminado Re: S.O.S. Illas Atlánticas

Este é o texto da parte que afecta á navegación e o fondeo:



Cotas máximas de visitantes por día para a tempada alta

Atendendo a criterios de capacidade de carga, tanto a nivel espacial como temporal, establécense as seguintes limiaresmáximos de visitants por día para a tempada alta.

Arquipélago de Cíes

-1.600-2.000 persoas (carga total diaria) que accedan nas navieiras autorizadas para a realización de transporte colectivo.
-100-200 persoas (carga total por día de estanza en illas) que accedan en grupos organizados e que conten cunha autorización do Director-Conservador do Parque Nacional.
As suma total non pode exceder de 2.200 persoas diarias en transporte marítimo
-500-600 persoas no cámping.
-75-125 fondeos/día repartidos en tres zonas. (San Martiño, Nosa Señora e Rodas).

Arquipélago de Ons

-1.200-1.300 persoas (carga total diaria) que accedan nas navieiras autorizadas para a realización de transporte colectivo
-100-200 persoas (carga total por día de estanza en illas) que accedan en grupos organizados e que conten cunha autorización do Director-Conservador do Parque Nacional.
-250-300 persoas na área de acampada.
-60-70 fondeos/día repartidos en dúas zonas. ( Castelo e Melide).

Arquipélagos de Sálvora e Cortegada

-150-250 persoas para cada arquipélago (carga total por día de estanza en illas) que accedan en grupos organizados e que conten cunha autorización do Director-Conservador do Parque Nacional.
-15-20 fondeos/día para cada arquipélago. En Salvora zona Pazo Almacén. En Cortegada zona perimetral.


Cotas máximas de visitantes por día para a tempada baixa

Atendendo a criterios de capacidade de carga, tanto a nivel espacial como temporal, establécense as seguintes limiaresmáximos de visitan
tes por día para a tempada baixa:

Arquipélagos de Cíes e Ons

-250-450 persoas para cada arquipélago (carga total por día de estanza nas illas) que accedan en grupos organizados e que conten cunha autorización do Director-Conservador do Parque Nacional.

Arquipélagos de Sálvora e Cortegada

-150-250 persoas para cada arquipélago (carga total por día de estanza nas illas) que accedan en grupos organizados e que conten cunha autorización do Director-Conservador do Parque Nacional.


Actividades de navegación, fondeo e mergullo

No tocante ao desenvolvemento das actividades de navegación, fondeo, amarre e atracada das embarcacións e artefactos flotantes no Parque Nacional, será necesaria a autorización emitida polo Director-Conservador que será concedida en base aos criterios seguintes:

En cumprimento dos artigos 4.1. m) y 10.3. e) da Lei 15/2002, do 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, é necesaria autorización escrita
para navegar e fondear nas augas do Parque Nacional.
As autorizacións concédense aos propietarios das embarcacións e artefactos flotantes, tal e como están definidos no Real Decreto 1435/2010.

Os artefactos flotantes precisarán dunha autorización para poder navegar en augas do Parque Nacional.

A autorización de navegación é requisito para obter a de fondeo

Para os efectos desta autorización, considérase que se realiza unha actividade recreativa sen carácter lucrativo ou comercial.

As autorizacións de navegación terán vixencia trianual

O autorizado deberá estar en posesión de todas as licenzas e autorizacións necesarias para levar a cabo as actividades de navegación e fondeo. A navegación, o fondeoe a estanza dentro do Parque Nacional deberán axustarse ao establecido
no presente PRUX. Ademais, deberán atender en todo momento as indicacións do persoal do Parque Nacional.

O organismo autonómico competente en materia de Patrimonio Natural poderá desenvolver esta normativa e os procedementos administrativos que rexan a obtención das autorizacións necesarias para a práctica da navegación e o fondeo nas augas do Parque Nacional.

A obtención da autorización de fondeo no Parque Nacional realizarase por rigorosa orde de petición a través de páxina web, que poderá realizar o propietario da embarcación unha vez obtido a autorización de fondeo, así como dispoñer do resto das autorizacións establecidas legalmente. O Director-Conservador do Parque Nacional está facultado para resolver as dificultades que poidan xurdir en cada momento en función da época do ano, o número de solicitudes e a dispoñibilidade de puntos de fondeo.

Co fin de non alterar o comportamento das especies de aves e mamíferos mariños dentro dos límites do Parque Nacional, en especial o do corvo mariño moñudo e delfín mular, a navegación restrinxirase ás zonas habilitadas para tal fin, e deberá facerse, sen prexuízo do establecido no Regulamento de Costas (Real Decreto 876/2014),a unha velocidade máxima de 4 nós, evitando producir ruídos excesivos, xa sexa de motores, bucinas, música ou outras fontes, e sen acelerar bruscamente.

Esixirase en todo momento o cumprimento da lexislación vixente en materia de protección de mamíferos mariños e de xestión de residuos

O fondeo deberá realizarse respectando a zona balizada reservada aos bañistas (200 metros ata a beira das praias). Situarase de modo que permita o acceso das embarcacións aos peiraos das illas, deixando o correspondente corredor. Para os efectos de petición da autorización de fondeo será necesario cando se abarloe, en caso de amarre a boias ou outros artefactos, e por fondeo de embarcación en área autorizada.

Non se permitirá a pasa a noite de embarcacións con wc sen tanque intermedio.

No caso de embarcacións de aluguer, a empresa propietaria da embarcación será responsable subsidiario de calquera infracción administrativa que o patrón ou calquera persoa embarcada nesta puidese cometer.

O fondeo de embarcacións no arquipélago de Cíes debe cumprir as seguintes condicións:

-As únicas zonas de fondeo autorizadas no arquipélago de Cíes son: Praia das Rodas, Praia de Nosa Señora e Praia de San Martiño.
-O desembarco realizarase polo peirao de Rodas. O peirao de Carracido é propiedade da Autoridade Portuaria de Vigo e, salvo a súa autorización expresa, non é posible atracar ou usar o devandito peirao. Na illa Sur ou de San Martiño, ao non existir peirao, o desembarco poderá realizarse con embarcación de apoio.

O fondeo de embarcacións no arquipélago de Ons debe cumprir as seguintes condicións:

-As únicas zonas de fondeo autorizadas no arquipélago de Ons son: zona Dornas-Castelo e Praia de Melide. Está prohibido desembarcar na illa de Onza.
-O peirao de Dornas (Illa de Ons) é propiedade da Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra (Ministerio de Fomento). Salvo autorización expresa da devandita Autoridade Portuaria, non se poderá atracar nin usar a devandita instalación.

O fondeo de embarcacións no arquipélago de Sálvora debe cumprir as seguintes condicións:

-A única zona de fondeo autorizada no arquipélago de Sálvora é: Praia do Castelo ou do Almacén. Está prohibido desembarcar no resto de illotes incluídos no Parque Nacional (Sagres, Vionta, Noro,...).
-O peirao de Sálvora é propiedade da Autoridade Portuaria de Vilagarcía (Ministerio de Fomento). Salvo autorización expresa da devandita Autoridade Portuaria, non se poderá atracar nin usar a devandita instalación.

O fondeo de embarcacións no arquipélago de Cortegada debe cumprir as seguintes condicións:

-A única zona de atraque autorizada no arquipélago de Cortegada é o peirao habilitado para tal fin.
Está prohibido desembarcar nas illas de Malveira Grande, Malveira Chica e Briñas.


__________________
"Se o remo rompe polo guión, paga patrón, se rompe pola pala, patrón paga"
Citar y responder
3 Cofrades agradecieron a caribdis este mensaje:
HIPPIE (24-03-2018), Juan St780 (24-03-2018), ROyOR (23-03-2018)