Por si a alguien le interesa...


Adxúntoche o convite para asistir á CONFERENCIA - PROXECCIÓN - COLOQUIO “Historia da pesca do bacallau en Terranova”, organizada por AETINAPE e o ATENEO FERROLÁN, do que é autor unha persoa entrañable, Valdemar Aveiro, un capitán portugués que se xubilou ao mando do bou “Coimbra” e que aos seus 84 anos aínda ten a ilusión de recoller a dura vida da pesca do bacallau. É un gran erudito na historia destas pesquerías, con sete libros publicados pola editorial Áncora. É unha persoa culta, empática profesional, cunha gran dignidade, o que lle fixo colleitar importantes e profundas amizades con moitos profesionais galegos e bascos que tamén formaban parte desta flota.
Non esaxeramos se logo de coñecer a súa obra e manter varias conversas con el, recoñecemos que estamos probablemente ante unha das persoas con maiores coñecementos históricos da pesca do bacallau, que el manexa a través de datos históricos desde o século VIII.
Por iso, rogámosche que nos honres coa túa asistencia a este acto e que fagas extensiva este convite ás persoas que consideres oportuno.
A entrada é libre.
CONFERENCIA - PROXECCIÓN - COLOQUIO DE VALDEMAR AVEIRO
HISTORIA DA PESCA DO BACALLAU EN TERRANOVA
VENRES, 24 DE AGOSTO, ÁS 20 HORAS
ATENEO FERROLÁN (Rúa Magdalena, 202-204 Ferrol)
Este acto estará presentado polo presidente de AETINAPE, José Manuel Muñiz Ríos