Ver mensaje
  #12  
Antiguo 30-03-2024, 21:33
Avatar de caribdis
caribdis caribdis esta desconectado
Hermano de la costa
 
Registrado: 26-03-2010
Mensajes: 9,707
Agradecimientos que ha otorgado: 6,624
Recibió 11,273 Agradecimientos en 4,376 Mensajes
Sexo:
Predeterminado Re: Parece que Babé lleva A Peregrina como un reloj!

O CORPO SEN VIDA DO CAPITÁN DE 'LA PEREGRINA', JAVIER BABÉ, ARROXADO AO MAR NA TARDE DE HOXE SÁBADO

[Sábado 30/03/2024]
Cumprindo os seus desexos, o corpo do capitán de La Peregrina, Javier Babé, foi arroxado ao mar na tarde de hoxe, sábado, a unhas 260 millas ao leste da illa francesa de Guadalupe.

O corpo amortaxado foi lastrado coa áncora Almirantazgo, fondeo de respecto habitualmente estivado na cuberta de proa de La Peregrina. Durante a cerimonia de despedida foron pronunciadas palabras de pésame e rememorados momentos vividos co capitán Javier Babé García.

No momento en que se iniciou a crise que lle levou á morte, abríronse os instrumentos de navegación modernos aos que o capitán renunciara no denominado Reto Astrolabio e, tras o falecemento, puido comprobarse que o erro de posición, tras máis de 2.500 millas navegadas, era tan só de 2 millas ao sur e 28 millas ao leste.

A muller do capitán, Cristina Gómez, delegou o mando do barco en Antonio Grandío, médico e amigo íntimo de Javier Babé. La Peregrina diríxese agora cara a Culebra, pequena illa portorriqueña, destino habitual de Javier Babé e Cristina Gómez nas súas múltiples travesías oceánicas.
#ogrove

Enviado dende o meu SM-G736B usando Tapatalk
__________________
"Se o remo rompe polo guión, paga patrón, se rompe pola pala, patrón paga"
Citar y responder
8 Cofrades agradecieron a caribdis este mensaje:
Avante (01-04-2024), BuzoGS (30-03-2024), inhaqui (31-03-2024), J.R. (01-04-2024), Leeway (01-04-2024), llenyalfoc (31-03-2024), Xenofonte (30-03-2024), xordiete (01-04-2024)