Ver mensaje
  #2  
Antiguo 25-03-2007, 09:31
Avatar de willy_coyote
willy_coyote willy_coyote esta desconectado
Corsario
 
Registrado: 26-10-2006
Localización: coruña, ortigueira
Mensajes: 1,119
Agradecimientos que ha otorgado: 53
Recibió 307 Agradecimientos en 112 Mensajes
Predeterminado Re: Validez interterritorial de licencias de pesca.

Si fuese la misma licencia, si. Lo que pasa es que tengo la impresión de que la licencia de pesca fluvial y la de pesca de mar no son la misma.
Esto viene de la ley de pesca de galicia.
Aclaración "aguas interiores" son las rías. Las competencias de pesca de la xunta incluyen todo lo que es bajura.
mergullarse=sumergirse.
Artigo 5º. Licencias.
1. A práctica da pesca marítima de recreo, en calquera das súas modalidades, require a previa obtención de licencia, que será expedida pola Consellería de pesca, Marisqueo e Acuicultura despois da presentación da documentación que regulamentariamente se estableza e o pagamento das taxas que legalmente correspondan.

2. A licencia ten carácter persoal e intransferible e para a súa eficacia deberáselle xuntar calquera documento que acredite a identidade do seu posuidor.

3. A licencia terá un período de vixencia dun ano, contado desde a súa data de expedición, e poderá renovarse antes do termo da súa vixencia.

4. Non obstante o disposto no punto anterior, e co obxecto de fomenta-lo turismo relacionado coas actividades de pesca recreativa, poderanse outorgar licencias temporais para o exercicio da pesca marítima de recreo, en calquera das súas modalidades, por un período dun mes, revalidables por un mes máis dentro do mesmo ano natural.

Artigo 6º.-Clases de licencias.

1. As licencias que habilitan para a práctica da pesca marítima de recreo serán de dúas clases:

a. Licencia de pesca marítima de recreo en superficie, que faculta para exerce-la pesca recreativa desde terra ou desde unha embarcación da lista sétima do rexistro de matrícula.

b. Licencia de pesca de recreo submarina, que faculta para exerce-la pesca recreativa nadando ou mergullando en apnea.

2. Non obstante o sinalado no punto 2º do artigo 5 e do 1 a) deste decreto, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura poderá outorgar autorizacións temporais ó titular dunha embarcación da lista sexta do rexistro de matrícula cando esta se empregue en actividades recreativas ou deportivas con interese lucrativo.

3. Terán validez para o exercicio da pesca de recreo en augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia os permisos de pesca marítima recreativa outorgados pola Administración xeral do Estado e polas administracións doutras comunidades autónomas, así como as expedidas por outros estados membros da Unión Europea, os cales recoñecerá a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Os seus titulares deberán cumprir, en todo caso, as normas contidas neste decreto.



A la hora de pescar, de todos modos, creo que sí hay diferencias entre comunidades en cuanto al límite de capturas y especies capturables.
Citar y responder