Re: travesia coruña-riveira
Boas cofrade!
A min esa ruta, costeando sáeme nuns 190 km (unhas 120 millas). Tendo en conta o barco e o motor os datos sáenme os que seguen:
- Tempo de travesía a 20 nudos (32 km/h).......6 horas.
- Consumo (supoñendo uns 30 l/h).................180 litros
Eu teño un barco de 8 m e 300 cv e teño costeado bastante polas rias baixas, polo que che recomendo o seguinte.
- Mira moi moi ben o estado meteorolóxico (non só se fai sol ou non, senón o estado do mar, altura das ondas, vento, brétemas...)
- Leva sempre gasolina de sobra.
- Chalecos, tlf, bengalas, VHF, GPS-Plotter INDISPENSABLES
- Comunica a alguen coñecido o que vas facer e que esté pendente da túa chegada por se acaso. Podes reportarte á Salvamento marítimo comunicándolle a túa ruta e eles fanche un seguemento.
- Moita prudencia
A miña opinión:
- Pouca eslora para tal viaxe.
- Esa travesía non ten ningún tipo de protección natural, como as rias, estás en mar aberto.
- Faino en etapas.
- Se é a primeira vez que navegas nese barco non o tentes, sempre haberá imprevistos ou posibles fallos que descoñezas. No mar unha tarde fermosa convértese nun pesadelo nun abrir e pechar de ollos.
Espero servirche de axuda.
Unha aperta.
|