![]() |
|
|
|
| VHF: Canal 77 |    | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
#4
|
||||
|
||||
|
Boas cofrade!
A min esa ruta, costeando sáeme nuns 190 km (unhas 120 millas). Tendo en conta o barco e o motor os datos sáenme os que seguen: - Tempo de travesía a 20 nudos (32 km/h).......6 horas. - Consumo (supoñendo uns 30 l/h).................180 litros Eu teño un barco de 8 m e 300 cv e teño costeado bastante polas rias baixas, polo que che recomendo o seguinte. - Mira moi moi ben o estado meteorolóxico (non só se fai sol ou non, senón o estado do mar, altura das ondas, vento, brétemas...) - Leva sempre gasolina de sobra. - Chalecos, tlf, bengalas, VHF, GPS-Plotter INDISPENSABLES - Comunica a alguen coñecido o que vas facer e que esté pendente da túa chegada por se acaso. Podes reportarte á Salvamento marítimo comunicándolle a túa ruta e eles fanche un seguemento. - Moita prudencia A miña opinión: - Pouca eslora para tal viaxe. - Esa travesía non ten ningún tipo de protección natural, como as rias, estás en mar aberto. - Faino en etapas. - Se é a primeira vez que navegas nese barco non o tentes, sempre haberá imprevistos ou posibles fallos que descoñezas. No mar unha tarde fermosa convértese nun pesadelo nun abrir e pechar de ollos. Espero servirche de axuda. Unha aperta. |
| Herramientas | |
| Estilo | |
|
|