![]() |
|
|
|
| VHF: Canal 77 |    | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
#1
|
||||
|
||||
|
Ola cofrades!
Antes de nada, bo ano 2010 a todos e un feliz navegar. O caso é que estou pensando en acoplar unha plataforma de baño ao meu tractor e ando buscando quen poidera facermo. A plataforma en cuestión debe medir uns 2,5 m por 0,80 m. Xa pedín presuposto en www.swimplatforms.com (Phoenix, EEUU) e póñenma diante da casa por 2.250$. . Están moi ben rematadas e o aspecto é fenomenal. Ademáis encárganse de axustar ao máximo o peso da mesma, factor tamén importante.Estou pendente de que me den presuposto nos astaleiros Erso (Catoira). Se alguen foi pioneiro neste asunto agradecería máis información. Unha aperta a todos |
| Etiquetas |
| baño, plataforma, popa |
|
|