![]() |
|
|
|
| VHF: Canal 77 |    | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
#11
|
||||
|
||||
|
Este sería el texto de un escrito para presentar a partidos políticos, defensor do pobo, etc..
Sobre esta base se podría hacer un resumen para lanzar una petición de firmas en Change.org Os ruego comentéis el texto, lo completéis o advirtáis de posibles errores: A quen poida interesar: A comunidade de navegantes de recreo usuarios do Parque Nacional Illas Atlánticas quere mostrar a sua total oposición ó intento de establecer unha taxa por navegar a traveso das augas do Parque e outra por fondear nel, tasas que aparecen no proxecto de lei de acompañamento dos Orzamentos da Xunta 2018. A situación é esta: -No ano 2002 declarouse o Parque Nacional das Illas Atlánticas, incluindo os arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada. Son 1.195 Has terrestres e 7.285 Has mariñas, situadas no corazón das rías baixas. -O seu Plan de Ordenación de Recursos Naturais (PORN) xa estaba aprobado no 1999, anunciaba que se establecería, en función do uso público do parque, un sistema de concesión de autorizacións para a navegación, o fondeo e o mergullo. Estipulaba que se redactaría e aprobaría un Plan Rector de Usos e Xestión (PRUX) que desenrolaría o detalle das directrices marcadas polo PORN. -Ese PRUX que tiña que regulamentar en detalle os usos e a xestión do Parque non se aprobou nunca. No ano 2011 houbo un intento de aprobalo que resultou infructuoso pola oposición da pesca artesanal a que se prohibira totalmente a pesca en varias zonas das aguas do parque. - Dende o ano 2006 a navegación e fondeo nas augas do Parque están reguladas por un sistema de autorizacións que funciona a traveso da páxina web do Parque e limita o número de fondeos por zonas e os que pode pedir cada usuario. Este sistema funciona correctamente, desapareceu a masificación nalgúns ancoradoiros en datas concretas do ano e non existen queixas por parte dos usuarios ni que saibamos de parte do Parque. - En sucesivos anos, volveuse noticia recurrente a violación polas empresas de transporte de pasaxeiros do cupo máximo de visitantes diarios. No 2008 a Xunta asumiu as competencias do parque e as visitas aumentaron nun 70% ata chegar ós 400.000 visitantes anuais do 2016 (e gabándose diso). O culme aconteceu este verano do 2017 no que policia e garda civil impediron o desembarco de visitantes por sobrepasar ampliamente o cupo diario. A investigación resultante amosou fraude masivo nos billetes superandose o cupo diario de Cíes nunhas 4.000 persoas (o cupo é de 2.200 máis 800 campistas). - Especialistas en conservación da natureza de prestixio mundial como o doutor Javier Castroviejo teñen manifestado que a situación do parque pode estar nun punto de non retorno, que as illas non poden ser un “parque temático” e que a situación ten que ser analizada o antes posible por un equipo capaz e que se a Xunta se mira desbordada debe voltar á xestión estatal. - No proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas 2018, entre as medidas fiscais aparece a creación dunha taxa para a navegación e o fondeo no parque da Illas Atlánticas. Na exposición de motivos a cita como medida puramente fiscal e á resalta pola seu impacto económico, ao parecer valorado en 419.000 € xa o primeiro ano. A nosa valoración da situación é esta: - Xa existe unha regulación da navegación e fondeo nas augas do parque dende o ano 2006 que inclúe sancións económicas e coactivas para quen non a cumpra. A regulación existe, funciona e non se pode arguir outra razón para a imposición das taxas que a puramente recadatoria, que resulta claramente discriminatoria e contraria a dereito por tratarse dun espazo público. Para acceder ao Parque unha embarcación ten que fondear, trataríase dunha restricción discriminatoria de acceso a un espazo público. O artigo 19 da Constitución asegura a libre circulación polo territorio español. -As taxas vulneran o artigo 2 da vixente Lei de Costas, que especifica claramente que as administracións deben garantir uso público do mar, da sua ribeira e do resto do dominio público marítimo-terrestre, sen máis excepcións que as derivadas de razóns de interese público debidamente xustificadas. - Os máis afectados polas taxas somos os cidadáns residentes nos concellos limítrofes co parque, que temos as illas como destino arraigado e habitual todo o ano, pero especialmente no verán. Na zona hai unhas 10.000 embarcacións cualificadas como de recreo, e está claro que non se pode definir a todo este colectivo cun apelativo común, “ricos” ou “clase pudiente”...Alomenos o 87% destas embarcación teñen menos de oito metros. - Os propietarios de embarcacións xa están a soportar unha boa cantidade de impostos específicos: - Imposto de matriculación do 12% , incluso na compra de barcos extranxeiros de segunda man. - Tasa anual por uso de lámina de auga no amarre. - Tasa anual para sinalización marítima. - Inspección Técnica de Barcos ITB, que na práctica constitúe un imposto. - Seguro de Responsabilidade Civil obrigatorio. - Por suposto IVE 21%, ITP.. - A implementación da taxa incidiría aínda máis na crise do sector náutico, sector que leva en profunda crise dende o ano 2007, entre 2007 e 2014 destruiuse o 50% do emprego do sector e o seu crecemento continúa moi feble, sobre todo en Galicia. - As embarcacións deportivas non son en absoluto problema para o Parque, os problemas que xeran son cero e os seus usuarios están entre os máis interesados no bo estado de conservación do Parque. - As augas do Parque son tamén rutas de navegación costeira habituais. Enténdese que exista un control sobre o paso por esas augas, pero non que estea suxeto a peaxe. Iría en contra da vixente Lei de Navegación Marítima, que garante ás embarcacións de recreo a libre navegación e fondeo en augas interiores. - Debemos recordar que a Xunta ten transferida a xestión e organización do Parque, así como as competencias sobre pesca, marisqueo e acuicultura, pero dubidamos que teñan competencia algunha sobre navegación e fondeo. En concreto, as zonas de fondeo do arquipélago das Cíes pertencen á Zona II da Zona de Servizo do Porto de Vigo, dependente da Autoridade Portuaria de Vigo, organismo dependente de Portos do Estado, tendo a competencia exclusiva sobre estas augas. -Por último, dada a situación actual, cunha clara problemática de masificación e deterioro do medio natural (da que nós non somos en absoluto culpabeis), parécenos totalmente fora de lugar que se pretendan implantar estas taxas cando non está aínda aprobado o PRUX, que ten que ser o regulamento básico de zonificación e regulación de usos do parque. Polo exposto: Solicitamos a retirada das taxas de navegación de fondeo do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas 2018. Advertimos tamén que estaríamos dispostos, se as taxas se incluiran na Lei que finalmente se aprobe, a presentar recurso contencioso ou a solicitar aos partidos políticos presentes no Parlamento Galego a presentación dun Recurso de Inconstitucionalidade. Rías Baixas 13 novembro 2017 ![]()
__________________
"Se o remo rompe polo guión, paga patrón, se rompe pola pala, patrón paga" |
| 7 Cofrades agradecieron a caribdis este mensaje: | ||
asimeloaprendiyo (14-11-2017), Camaron dos (13-11-2017), maquians (13-11-2017), Motrete (14-11-2017), NIC0LE (13-11-2017), ponzoa (13-11-2017), santi (15-11-2017) | ||
| Herramientas | |
| Estilo | |
|
|