![]() |
|
|
|
| VHF: Canal 77 |    | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
#8
|
||||
|
||||
|
CATIVA ESPERABA A SEREA
A serea, que todo sabía de estrelas de mar, de marés e golfiños, que amaba o xentil camiñar sutil dos ourizos, que adoraba o lonxincuo tanxer das baleas en cantos senlleiros, sentada na rocha cuberta de algas, solleira na praia deserta, esperaba, coa cauda bambeando nas ondas dunha mar curta e fría na area. Silente espreitaba o percurso do sol cara á noite descendo, mil lapas brincando nervosas nos ollos ardentes de anceio. Cativa esperaba a serea, axexando no largo horizonte, o presaxio dun barco mareiro: baixo as nubes erguéndose en torres unhas velas no mar, á pendura dun miraxe efémero e intenso. Xemía, contendo na gorxa o canto vibrante, o degoiro que acouga no peito: Un mariño de pulso de ferro as augas profundas sucando con lonas, enxarcias e vento. E levalo, impotente da presa do arpeo, ata o fondo do océano inmenso onde encher, transparente, o seu corpo de eterno silencio. ![]()
__________________
Guillermo Gefaell Nigún día sin su afán. Gestenaval, S.L., Oficina Técnica Naval Hermandad de Navegantes de Clásicos Editado por guillermogefaell en 13-01-2018 a las 20:30. |
| Herramientas | |
| Estilo | |
|
|