http://www.crtvg.es/informativos/loc...ende-esta-mana
A alcaldesa de Camariñas nega que aparecese o cadáver do pescador desaparecido
A rexedora de Camariñas negou hai uns minutos que fose certa a noticia dalgunhas fontes, que daban por localizado ao pescador desaparecido a mañá deste domingo nas proximidades da ermida da Virxe do Monte.
O mozo, de 24 anos, a última vez que foi visto estaba practicando a pesca e as primeiras hipóteses apuntan a que puido caer ao mar dende as rochas onde se atopaba.