![]() |
|
|
|
| VHF: Canal 77 |    | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
|
|
#1
|
||||
|
||||
|
Transcribo una de las muchas historias que salen estos días en las redes, no creo que nadie pueda decir que esta es falsa.
Meu pai é MARIÑEIRO. Fai máis de 20 anos que non sae ó mar pero sigue sendo mariñeiro. 40 anos rumbo a Noruega, Canadá, Groenlandia... As súas mareas nunca eran menores de 6 meses e pasaba 24-30 días de descanso na casa. Miña nai unha viúva en vida, como moitas. Cando meu pai se xubilou ela rexuveneceu 10 anos. Nos últimos barcos traballou de contramaestre organizando as tarefas dos mariñeiros e máis. Valía, pero aínda que empezou a estudiar, nunca pudo optar a traballar no "puente" polo seu daltonismo. Meu pai cobraba un 0,5% do que o barco facturaba, para os mariñeiros a porcentaxe era menor e o patrón de pesca, o que máis cobraba a bordo, rondaba o 6% (un patrón ganaba nunha marea o que un contramaestre en 12). Moitas veces teño visto a meu pai e os seus compañeiros, incluso ó patrón, saír moi enfadados da oficina en Vigo porque eles sabían que o valor do peixe descargado era moito maior do que o armador comunicaba pero tiñan que calar. "Unha vez" cobrou 2 millóns de pesetas en 6 meses, nunca cobrara tanto!! Se botades contas podedes imaxinar con canto se quedan estes poderosos armadores e os intermediarios, moitísimo obviamente e que "mal" o pasaron algúns cando chegou o euro e había que branquear tantos cartos. Nunca entendín a desproporción dos soldos no mar e din que ahora é peor. Despóis de desgracias como a de hoxe penso que estes homes, todos os que van nun barco, sí son verdadeiros HEROES. Pero considero tamén que son os ESCRAVOS dun sector que se aproveita deles dende sempre. Se os salarios non melloran NINGUÉN debería saír ó mar a deixar a súa vida.
__________________
"Se o remo rompe polo guión, paga patrón, se rompe pola pala, patrón paga" |
![]() |
Ver todos los foros en uno |
| Herramientas | |
| Estilo | |
|
|