Bueno, yo ya no entiendo nada de esta situación, hoy me llegó esta resolución de autorización de pesca marítima para Galicia y os lo dejo aquí por si le interesa a alguien. Solo pude copiar el texto y ponerlo aquí, me fue imposible subir el documento original, si alguien lo quiere se lo mando al correo...
úa do Valiño, 63-65
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 546 347 Fax: 981 546 288
sxmarmrm@xunta.gal
Resolución de 4 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura
e Innovación Tecnolóxica pola que se deixa sen efecto a Resolución de 20
de marzo de 2020 pola que se suspende o desenvolvemento da pesca
marítima de recreo regulada polo Decreto 211/1999 e a Orde de 17 de
setembro de 2009.
A Organización Mundial da Saúde elevou o pasado 11 de marzo de 2020 a situación de
emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19 a pandemia internacional. A
evolución dos feitos, a escala nacional e internacional, requiriu da adopción de medidas
inmediatas e eficaces para facer fronte a esta conxuntura. As circunstancias
extraordinarias concorrentes trouxeron consigo que, por medio de Real Decreto 463/2020,
de 14 de marzo, se declarase o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria
orixinada polo COVID-19, ao amparo da Lei Orgánica 4/1981, do 1 de xuño, dos estados
de alarma, excepción e sitio.
No mesmo senso a Comunidade Autónoma de Galicia declarou a situación de emerxencia
sanitaria mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020,
polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade
Autónoma de Galicia e se activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no
seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da
epidemia do coronavirus COVID-19 publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 50-Bis.
Venres 13 de marzo de 2020 mediante a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2020, da
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e
Xustiza.
Pola súa banda, o artigo 7 do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que declara o
estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-
19 limítase a liberdade de circulación das persoas e se enumeran de xeito restritivo as
únicas causas que poden xustificar a saída do propio domicilio, entre as cales non figura o
desenvolvemento de actividades recreativas.
Como consecuencia disto, a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación
Tecnolóxica resolveu o pasado 20 de marzo a suspensión da actividade de pesca
marítima de recreo en calquera das súas modalidades durante a vixencia da situación de
emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
CVE: 2a0hiaInT0
Verificación:
https://sede.xunta.gal/cveRúa do Valiño, 63-65
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 546 347 Fax: 981 546 288
sxmarmrm@xunta.gal
A evolución positiva da pandemia foi permitindo a eliminación progresiva das limitacións
de movemento e entre outras, pola Orde SND/380/2020, de 30 de abril, sobre as
condicións nas que se pode realizar a actividade física non profesional ao aire libre
durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que no seu artigo 2.2.
sinala “aos efectos do previsto nesta orde, queda permitida a práctica non profesional de
calquera deporte individual que non requira contacto con terceiros, así como os paseos.
Do mesmo xeito o artigo 9.1 da Orde SND/388/2020, de 3 de maio, pola que se
establecen as condicións para a apertura ao público de determinados comercios e
servicios, e a apertura de arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e
federado, autoriza precisamente a práctica de deporte federado non profesional.
A pesca marítima recreativa en calquera das súas modalidades é un deporte individual
que non require contacto con terceiros polo que se considera que pode ser desenvolvido
ao amparo do disposto na Orde SND/380/2020, de 30 de abril, e na Orde SND/388/2020.
Polo exposto,
RESOLVO levantar a suspensión da actividade de pesca marítima de recreo en
calquera das súas modalidades, sempre e cando se faga de xeito individual,
respectando as disposición previstas na Orde SND/380/2020, de 30 de abril sobre as
condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre
durante a situación de crisis ocasionada polo COVID-19, ou, no seu caso na Orde
SND/388/2020, de 3 de maio, pola que se establecen as condicións para a apertura
ao público de determinados comercios e servicios, e a apertura de arquivos, así
como para a práctica do deporte profesional e federado.
Santiago de Compostela, a 4 de maio de 2020
Mercedes Rodríguez Moreda
Directora Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
CVE: 2a0hiaInT0
Verificación:
https://sede.xunta.gal/cve