![]() |
|
|
|
| VHF: Canal 77 |    | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
#11
|
||||
|
||||
|
Bueno, yo ya no entiendo nada de esta situación, hoy me llegó esta resolución de autorización de pesca marítima para Galicia y os lo dejo aquí por si le interesa a alguien. Solo pude copiar el texto y ponerlo aquí, me fue imposible subir el documento original, si alguien lo quiere se lo mando al correo...
![]() úa do Valiño, 63-65 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 981 546 347 Fax: 981 546 288 sxmarmrm@xunta.gal Resolución de 4 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica pola que se deixa sen efecto a Resolución de 20 de marzo de 2020 pola que se suspende o desenvolvemento da pesca marítima de recreo regulada polo Decreto 211/1999 e a Orde de 17 de setembro de 2009. A Organización Mundial da Saúde elevou o pasado 11 de marzo de 2020 a situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19 a pandemia internacional. A evolución dos feitos, a escala nacional e internacional, requiriu da adopción de medidas inmediatas e eficaces para facer fronte a esta conxuntura. As circunstancias extraordinarias concorrentes trouxeron consigo que, por medio de Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, se declarase o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria orixinada polo COVID-19, ao amparo da Lei Orgánica 4/1981, do 1 de xuño, dos estados de alarma, excepción e sitio. No mesmo senso a Comunidade Autónoma de Galicia declarou a situación de emerxencia sanitaria mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e se activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 50-Bis. Venres 13 de marzo de 2020 mediante a RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Pola súa banda, o artigo 7 do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID- 19 limítase a liberdade de circulación das persoas e se enumeran de xeito restritivo as únicas causas que poden xustificar a saída do propio domicilio, entre as cales non figura o desenvolvemento de actividades recreativas. Como consecuencia disto, a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica resolveu o pasado 20 de marzo a suspensión da actividade de pesca marítima de recreo en calquera das súas modalidades durante a vixencia da situación de emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia. CVE: 2a0hiaInT0 Verificación: https://sede.xunta.gal/cveRúa do Valiño, 63-65 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 981 546 347 Fax: 981 546 288 sxmarmrm@xunta.gal A evolución positiva da pandemia foi permitindo a eliminación progresiva das limitacións de movemento e entre outras, pola Orde SND/380/2020, de 30 de abril, sobre as condicións nas que se pode realizar a actividade física non profesional ao aire libre durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que no seu artigo 2.2. sinala “aos efectos do previsto nesta orde, queda permitida a práctica non profesional de calquera deporte individual que non requira contacto con terceiros, así como os paseos. Do mesmo xeito o artigo 9.1 da Orde SND/388/2020, de 3 de maio, pola que se establecen as condicións para a apertura ao público de determinados comercios e servicios, e a apertura de arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e federado, autoriza precisamente a práctica de deporte federado non profesional. A pesca marítima recreativa en calquera das súas modalidades é un deporte individual que non require contacto con terceiros polo que se considera que pode ser desenvolvido ao amparo do disposto na Orde SND/380/2020, de 30 de abril, e na Orde SND/388/2020. Polo exposto, RESOLVO levantar a suspensión da actividade de pesca marítima de recreo en calquera das súas modalidades, sempre e cando se faga de xeito individual, respectando as disposición previstas na Orde SND/380/2020, de 30 de abril sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre durante a situación de crisis ocasionada polo COVID-19, ou, no seu caso na Orde SND/388/2020, de 3 de maio, pola que se establecen as condicións para a apertura ao público de determinados comercios e servicios, e a apertura de arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e federado. Santiago de Compostela, a 4 de maio de 2020 Mercedes Rodríguez Moreda Directora Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica CVE: 2a0hiaInT0 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve |
| Los siguientes cofrades agradecieron este mensaje a abvsub | ||
Ouessant (05-05-2020) | ||
|
|