Ola cofrades!
Antes de nada, bo ano 2010 a todos e un feliz navegar.
O caso é que estou pensando en acoplar unha plataforma de baño ao meu tractor e ando buscando quen poidera facermo.
A plataforma en cuestión debe medir uns 2,5 m por 0,80 m. Xa pedín presuposto en
www.swimplatforms.com (Phoenix, EEUU) e póñenma diante da casa por 2.250$.
![Nosabo](http://foro.latabernadelpuerto.com/images/smilies/nosabo.gif)
. Están moi ben rematadas e o aspecto é fenomenal. Ademáis encárganse de axustar ao máximo o peso da mesma, factor tamén importante.
Estou pendente de que me den presuposto nos astaleiros Erso (Catoira).
Se alguen foi pioneiro neste asunto agradecería máis información.
Unha aperta a todos