La Taberna del Puerto Greatblue360
"Se navega por los astros, por la mar, por la tierra, por las gentes, por los sentimientos...Se navega." Altair
VHF: Canal 77   
Regresar   La Taberna del Puerto > Foro > Foros Náuticos > Cuestiones legales y Asociaciones

Avisos

 
 
Herramientas Estilo
  #36  
Antiguo 06-05-2013, 21:41
Avatar de santi
santi santi esta desconectado
Pirata pata palo
 
Registrado: 28-09-2007
Localización: Ria de Vigo
Edad: 75
Mensajes: 430
Agradecimientos que ha otorgado: 277
Recibió 123 Agradecimientos en 59 Mensajes
Sexo:
Predeterminado Re: Impto. Transmisiones Patrimoniales

Hola, birras para todos Esto es en Galicia por si os vale os pongo la pagina de la Xunta:
Imposto sobre Transmisións Patrimoniais (compravenda de determinados medios de transporte usado entre particulares)
O imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, ven regulado no Real Decreto Lexislativo 1/1993, de 24 de setembro, polo cal se aproba o Texto refundido da Lei do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, e no Real Decreto 828/1995, do 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.
1. ¿QUEN TEN A OBRIGA DE DECLARAR O IMPOSTO? (art. 7 L)

Teñen a obriga de declara-lo imposto aquelas persoas que adquiran vehículos (coches, embarcacións ou aeronaves) como consecuencia de transmisións onerosas por actos "inter vivos", sempre que ditos vehículos non se adquiran de empresarios ou profesionais no exercicio da súa actividade empresarial ou profesional, xa que neste caso a adquisición estaría gravada polo Imposto sobre o valor engadido (IVE).
Ex.: a compra dun coche a un concesionario está suxeita a IVE mentres que se se adquire de segunda man ao antigo titular, está suxeita ao Imposto sobre transmisións.
subir

2. ¿QUE PRAZO TEÑO PARA FACER A DECLARACIÓN? (art. 102 R)

O prazo para a presentación é de trinta días hábiles, a contar desde o seguinte a aquel no que se cause contrato de compravenda.
subir

3. ¿ONDE TEÑO QUE PRESENTA A DECLARACIÓN? (art. 103 R)

A oficina competente será a delegación territorial da Consellería de Facenda o a Oficina Liquidadora do Distrito Hipotecario onde o comprador teña a súa residencia.
subir

4. ¿ CÓMO SE FAI A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA? (Orde de 5 de xuño 2003, da Conselleria de Economía e Fecenda, pola que se regula o procedemento par o pagamento e a presentación telemáticos das autoliquidacións correspondentes ó imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, pola transmisión de determinados medios de transporte usados entre particulares)

Para poder efectua-la presentación telemática deberá acceder á oficina virtual tributaria que se atopa na portada da nosa páxina web e dispoñeer do certificado de usuario expedido pola FNMT-RCM ou por outras autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Economía e Facenda. (1)

As especialidades desta forma de presentación son as seguintes:
  1. Para que se teña por realizada a presentación telemática destes impostos é necesario que previamente se realice o pagamento da cantidade resultante da autoliquidación. No caso contrario terase por non realizada a presentación.


    O pagamento das autoliquidacións para presentar de forma telemática poderá efectuarse das seguintes formas:
    • Mediante ingreso presencial da cantidade resultante da autoliquidación en calquera das entidades colaboradoras autorizadas por esta consellería para o cobro de autoliquidacións presentadas telematicamente. O ingreso realizarase mediante o documento de ingreso que para estes efectos xerará a aplicación informática e imprimirá o usuario. Unha vez realizado o pagamento, a entidade colaboradora facilitará un número NRC identificativo do ingreso realizado que será requirido posteriormente pola aplicación informática para completar a presentación.

      Neste suposto, a aplicación informática xerará dúas copias do documento de ingreso debidamente cuberto. Co devandito documento acudirase á entidade colaboradora para a realización do pagamento, a cal quedará co exemplar para entidade colaboradora e devolverá ao contribuínte o exemplar para o interesado co selo da entidade, data do ingreso, número e importe, así como co NRC. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento do número de autoliquidación imprimido neste.
    • Mediante pagamento telemático. O usuario accederá ás aplicacións específicas a través da páxina web da Consellería de Economía e Facenda e efectuará o pagamento das correspondentes autoliquidacións a través das entidades colaboradoras autorizadas por esta consellería para o pagamento telemático. A entidade efectuará as comprobacións oportunas e aceptará ou rexeitará o cargo. Caso de ser aceptado o cargo, efectuará o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadación de tributos e xerará un NRC por cada autoliquidación.

      Neste suposto, a aplicación informática, unha vez realizado o pagamento, xerará o "Recibo de cargo en conta" que o contribuínte deberá imprimir e conservar, no que se identificará o número da conta que realiza o pagamento, data do ingreso, importe, NIF e nome do contribuínte así como o NRC. O devandito documento servirá de xustificante de pagamento do número de autoliquidación imprimido neste.
  2. A presentación da autoliquidación do imposto e a súa data acreditarase mediante a impresión do documento (modelo 620) xerado pola aplicación informática, no que constarán os datos identificativos do suxeito pasivo, transmitente, presentador, datos dos bens e liquidación. Ademais xerarase un código interno que permitirá asociar de forma inequívoca a autoliquidación presentada telematicamente coa impresa polo contribuínte.
  3. Os contribuíntes deberán conservar os xustificantes de pagamento e presentación, no caso de que a autoliquidación presentada non dea lugar a ingreso bastará a xustificación da presentación mediante a impresión do documento (modelo 620) xerado pola aplicación informática tal e como se dispón nol punto 2.
Aquelas persoas que non desexen realizar a presentación telemática deste imposto ou ben non dispoñan do certificado de usuario expedido pola FNMT-RCM ou por outras autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Economía e Facenda, poderán cubrir a súa autoliquidación utilizando o programa de axuda existente na páxina web desta consellería. Para estes efectos e unha vez introducidos os datos correspondentes, o sistema imprimirá catro exemplares do modelo 620 (exemplar para o interesado, exemplar para a Administración, talón de cargo e carta de pagamento) que serán válidos para a presentación do imposto de forma presencial nas oficinas xestoras desta consellería.

Aunque es largo creo que aclaratorio
__________________
El que no tenga nada que hacer que compre un barco

Saludos

Santi
Citar y responder
 

Greatblue360


Reglas del foro
No puedes crear discusiones
No puedes responder a mensajes
No puedes editar tus adjuntos
No puedes editar tus mensajes

BB code está activado
Emoticonos está activado
El código [IMG] está activado
El código HTML está desactivado
Ir a


Todas las horas son GMT +1. La hora es 12:39.


Powered by vBulletin® Version 3.7.0
Copyright ©2000 - 2026, Jelsoft Enterprises Ltd.
© La Taberna del Puerto